O Arenteiro caeu eliminado ofrecendo unha gran imaxe

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Con Espiñedo a reventar e animando en todo o momento ao equipo o Arenteiro puxo contra as cordas o Atlético de Madrid.

O resultado final de 1-3 e engañoso xa que o Atlético foi inferior en moitos momentos do partido e a escuadra carballiñesa mantívose no partido ata os seus últimos compases, fronte a un inimigo ateigado de internacionais e mundialistas

Foto Santi Amil

OS GOLES:

Balón que chegou a Marquitos, que aínda desequilibrado burlou a saída de Oblak. Espiñedo case cae, pero esa euforia durou pouco e un salto ao alimón de Savic e Giménez cos seus marcadores foi castigado con penalti no alongue do primeiro período. Yannick Carrasco non perdoou desde os once metros, aínda que case llo saca Diego.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na segunda parte, Morata xa inquietou nos primeiros compases e un rigoroso penalti a Carrasco encrespó á parroquia local, antes de que Diego sacáselle a pena máxima ao propio nove de España. Ao ariete amargouno o meta dos carballiñeses dúas veces máis, pero entre medias chegou o gol da perla colchoneira, Pablo Barrios, que completou unha espectacular acción do seu compañeiro no filial, Alber.

Xa co reloxo no noventa, o vertical Carrasco pechou o duelo á contra

Orgullosos se poden sentir todos os carballiñeses do seu equipo

Na comida oficial o presidente Argimiro oficiou de anfitrión diante do invitado de honor que é o presidente do Atlético de Madrid Cerezo, intercambiando agasallos

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------