A autora desta extraordinaria obra de arte, María Jesús Nóvoa, explicounos as características da instalación
O antigo colexio de Maside acolle o tradicional belén artesanal que confecciona María Jesús Nóvoa dende hai oito anos e que neste Nadal ten unha moi especial adicación á vila do Carballiño. Son un total de 90 metros cadrados nos que destaca unha reproducción do templo da Veracruz, da feira e unha escolma de establecementos comerciais de ambolos dous municipios.

