A Xunta abre o prazo para recibir propostas de aproveitamento das parcelas incluídas nas aldeas modelo de Osmo-Cenlle e Muimenta-Carballeda de Avia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de ditas propostas de aproveitamento

Os interesados en poñer a producir as terras que compoñen estas aldeas modelo poden remitir as súas solicitudes no prazo de 15 días naturais a contar desde a publicación no Dog

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se aproban as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de concorrencia competitiva para a selección de propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas ás aldeas modelo de Osmo (Cenlle) e Muimenta (Carballeda de Avia), ambas na provincia de Ourense. Así, os interesados en poñer a producir estas terras terán un prazo de 15 días naturais, contados a partir de mañá, para facer chegar as súas solicitudes.

Cabe lembrar que a aldea modelo de Osmo, en Cenlle, abrangue un perímetro de 18,32 hectáreas arredor do núcleo de poboación que se busca dinamizar, distribuídas en 153 parcelas de 48 propietarios. Na súa guía definitiva de usos establecéronse como actividades principais a explotación porcina en extensivo, a horta e cultivos de ciclo curto e o viñedo. Como actividade secundaria, a plantación de árbores para obtención de froito.

Pola súa banda, a aldea de Muimenta, en Carballeda de Avia, abrangue unha superficie de 29,1 hectáreas na contorna do núcleo de poboación, distribuídas en 1.660 parcelas de 241 propietarios. Na súa guía produtiva apóstase, como actividades principais, por un sistema agroforestal, combinando prácticas de aproveitamento do monte con gandaría en extensivo, así como por cultivos de ciclo curto. As actividades secundarias son a xestión forestal activa, priorizando a protección das masas de frondosas, e os cultivos leñosos, tales como viñedo, oliveiras ou froiteiras.

Ademais, cómpre destacar que nunha parte da aldea modelo de Muimenta aprobouse por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a declaración do primeiro Espazo Agrario de Experimentación. Trátase dunha figura nova creada pola Lei de recuperación da terra agraria de Galicia que busca facilitar que persoas mozas ou emprendedoras poidan probar o seu negocio nunha contorna favorable, tendo á súa disposición terras de aldeas modelo, así como as instalación necesarias para o desenvolvemento da correspondente actividade agraria. Neste caso, falamos dun espazo agrario que estará destinado á agricultura ecolóxica, especialmente a cultivos de horta.

Cómpre engadir que poderán presentar propostas de aproveitamento para ambas aldeas as persoas físicas, as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas traballadoras autónomas. Para o exercicio da súa actividade, as persoas solicitantes deberán dispor das autorizacións, permisos e/ou licenzas administrativas preceptivas, estar inscritas nos rexistros públicos que sexan pertinentes e cumprir con calquera outro requisito esixido polas disposicións aplicables.

Canto ás propostas, deben axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación en cada caso e ás guías de ordenación produtiva aprobadas para cada aldea modelo. O prazo para que a Xunta dite resolución expresa e a notifique será de cinco meses, a contar desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. AGRICULTURA E GANDERÍA