Os veciños de Cea recolectan 168 quilos de comida para o Banco de Alimentos de Ourense

Nun ano difícil, a solidariedade dos veciños e veciñas do Concello de San Cristovo de Cea volveu a poñerse de manifesto. Nesta ocasión foron 168 quilos de alimentos non perecedoiros os que conseguiron xuntar durante estas pasadas datas de Nadal. Todo o recaudado foi entregado ó Banco de Alimentos de Ourense a través da colaboración dos membros de Protección Civil.

Esta iniciativa forma parte da campaña “Por un Nadal feliz para todos”, posta en marcha polo concello e os voluntarios de Protección Civil e que está promovida polo Servizo Provincial de Emerxencias e pola Asociación de Proteccións Civís da provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o concello queren dar as grazas a todos pola súa colaboración un ano máis.