A Historia: Fai 20 anos que Chema Ferreiro preguntou no Parlamento de Galicia sobre a N-541 e respondeulle Alberto Nuñez Feijoo

O pasado 11 de xaneiro a alcaldesa de Boborás xunto cos alcaldes de Beariz, O Irixo, O Carballiño, Punxín e Maside da comarca do Carballiño e o de Cerdedo Cotobade firmaron o Pacto de Pedre para solicitar da Administración melloras na N-541

Vai facer no mes de abril 23 anos que Chema Ferreiro ( daquelas parlamentario do BNG ) formulou unha pregunta no Parlamento de Galicia para convertir a N-541 nunha vía rápida ou de alta capacidade

AVANTAR ACTIVIDADES

O encargado de darlle resposta polo Goberno Galego foi o conselleiro de politica territorial Alberto Nuñez Feijoo que facia 2 meses que tiña esa responsabilidade

Reproducimos fielmente a pregunta e a resposta:

No Diario de Sesións do Parlamento de Galicia Número 61 da VI Lexislatura e Sesión Plenaria do 9 de abril de 2003 e baixo a Presidencia do Excmo. Sr. D. José María García Leira

Pregunta de D. Xosé Francisco Ferreiro Abelleira, do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre as xestións realiza- das polo Goberno galego para a conversión da estrada N- 541 nunha vía rápida ou de alta capacidade

O señor PRESIDENTE: Para formula-la pregunta ten a palabra o señor Ferreiro Abelleira.

O señor FERREIRO ABELLEIRA: Gracias, señor presidente.

A estrada de titularidade estatal N-541, que vai desde Barbantiño –di O Carballiño, debe dicir Barbantiño– ata Pontevedra e a súa costa, atravesando distintos concellos das provincias de Ourense e Pontevedra, significou tradicional- mente unha vía de tránsito de grande interese para tódolos concellos polos que pasa.

Desde hai tempo denunciouse a marxinación e a falla de investimento nesta estrada, e mesmamente tamén a posibili- dade de convertela en vía rápida ou de alta capacidade, sen que se chegara a executar esta obra. A posta en funciona- mento da autovía Madrid-Benavente-Vigo, infraestructura de indudábel interese, supuxo unha mingua na densidade de tráfico na antedita N-541, fundamentalmente nos meses de verán. O anuncio que se fai desde o plano de Galiza da cons- trucción dunha autovía Pontevedra-A Cañiza –tamén consi- derada de interese–, vai signficar na práctica a anulación do uso desta estrada e a conseguinte deterioración económica dos concellos afectados, así como un claro illamento

Considerando o tema como de gran importancia e de impacto para os concellos afectados, é polo que se fai a seguinte pregunta: ¿Que xestións fixo o Goberno galego diante do Estado para converter a estrada N-541 en vía rápi- da ou de alta capacidade?

Polo momento nada máis. Moitas gracias.

O señor PRESIDENTE: Moitas gracias, señor Ferreiro. Resposta por parte da Xunta.

Ten a palabra o señor conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O señor CONSELLEIRO DE POLÍTICA TERRITORIAL,

OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA (Núñez Feijóo): Moitas gracias, señor presidente.

Señoría, creo que a exposición de motivos e a pregunta son suficientemente claras. O que interesa é cómo se pode unir Pontevedra coa Meseta e cómo se pode unir Pontevedra co resto de Galicia. Creo que neste momento tamén a súa exposición de motivos é suficientemente clara. Neste momento, Pontevedra ten unha solución xa contida no Plan Galicia, que é unha autovía entre Pontevedra e a A-52, é dicir, a autovía que vertebra Galicia polo sur e que leva a Galicia cara a Portugal e cara a Madrid, polo tanto cara á Meseta.

Esa é a resposta e ese é o artellamento da infraestructura que temos neste momento garantido, e, por suposto, tamén estamos a contemplar unha solución para parte desa zona, desa comarca do sur, como é a conexión directa do Carballiño coa autoestrada que une Santiago-Ouren- se. Polo tanto, señoría, esta é a resposta e este é o noso plantexamento.

É evidente que con estas dúas infraestructuras o IMD, é dicir, o tráfico da N-541, vai ser compatible coa estrada que nestes momentos está funcionando, e é evidente, polo tanto, que lle damos a Pontevedra e á zona do Carballiño dúas solucións: unha autovía nun caso e unha conexión directa coa autoestrada entre Santiago e Ourense.

Nada máis e moitas gracias.

O señor PRESIDENTE: Moitas gracias, señor conselleiro.

Réplica do señor Ferreiro Abelleira.

O señor FERREIRO ABELLEIRA: Gracias, señor presidente.

A contestación que me fai –e agradézollo ao señor conselleiro– evidentemente ratifica os temores que eu trataba de expoñer na parte expositiva. Evidentemente, ninguén está en contra de que se conecte a Meseta con Pontevedra, pero sabe vostede –como bo orensán que é– que desde o Barbantiño a xente, cando se dirixía basicamente ás praias, tomaba a dirección de Punxín, Maside, O Carballiño, Boborás e Soutelo de Montes, ata chegar a Pontevedra. Iso é evidente, a densidade así o manifesta. Se vostede me di que dan unha alternativa de Santiago a Ourense, nós non podemos dicir nada en contra, pero non soluciona para nada o que vai significar de illamento, e teremos que dar- lle unha resposta puntual ao que vai significar que agora a xente que vén desde a Meseta, que chega ao Barbantiño e que quere ir ás praias –estamos falando basicamente das épocas estivais, cando había unha fluidez importante e daba un soporte económico a eses concellos–, neste momento, dándolle a alternativa de que hai autovía ata A Cañiza, é evidente que non se vai derivar pola N-541. E polo tanto, sen ir en contra para nada nin minguar as posi- bilidades que poida ter esa autoestrada –que hai moitos anos que está anunciada– da Cañiza a Pontevedra, hai que dicir que non soluciona e que, cando menos, aumenta moito máis as preocupacións que eu trato de ilustrar aquí. E debería de ser, polo menos, unha preocupación do Goberno da Xunta –xa que non é de titularidade da propia Comunidade Autónoma– o que se dixo varias veces dos concellos dos que estamos falando, nos que se tiña previs- to facer unha vía de alta capacidade ou unha vía rápida, porque isto significa na práctica a consolidación do illa- mento para estas zonas. Non é admisible. A xente que sae de Ourense para as praias, evidentemente non vai buscar esa outra alternativa, terá que ir pola autovía ata A Cañiza, e despois da Cañiza se dirixirá a Pontevedra e de Ponteve- dra ás praias. Este é o problema.

Máis nada e moitas gracias.

O señor PRESIDENTE: Moitas gracias.

Réplica do señor conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O señor CONSELLEIRO DE POLÍTICA TERRITORIAL,

OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA (Núñez Feijóo): Si, moitas gra- cias, señoría.

Eu comprendo a súa preocupación, pero, sen entrar en polémicas que non corresponden, a min gustaríame saber cál era a proposta, entre outros, do alcalde de Pontevedra, que, por certo, lla escoitei, e dicía que estaba absolutamente de acordo cunha autovía de Pontevedra cara á A-52, ben na zona do Porriño, ben na zona de Ponteareas, ben na zona da Cañiza. Polo tanto, é moi difícil estar de acordo con todos, así que imos estar de acordo con algúns, porque o importan- te é que, neste momento, a xente da que vostede está a falar, pode coller –a xente do Carballiño– a autoestrada, chegar a Barbantes e desde alí colle-la A-52, que é a autovía de Madrid, meterse cara ás praias e ir directamente á fachada marítima de parte de Galicia. Pero é que ademais, señoría, na N-525 están previstas dúas infraestructuras importantes

–como vostede sabe–: primeiro, a variante de Cerdedo, a 30 quilómetros de Pontevedra, para ordena-lo tráfico desta zona, cun investimento de case 21 millóns de euros; e, segundo, en información pública tamén está a circunvala- ción de Pontevedra, que tamén afecta á N-541. Polo tanto, señoría, estas dúas actuacións, xunto coa actuación que lle acabo de referir do Carballiño, coa autoestrada entre Ouren- se e Santiago, e xunto cunha nova autovía, que simplemen- te hai dous meses nin estaba prevista, que conecta Ponteve- dra coa Meseta a través da A-52, creo que estas catro actua- cións francamente dan unha situación moito mellor que cando a Xunta de Galicia estaba pensando en cómo podía artella-la conexión de Pontevedra coa Meseta. Agora temos catro actuacións e antes non tiñamos ningunha.

Nada máis e moitas gracias.

O señor PRESIDENTE: Moitas gracias, señor conselleiro.