O certame Vilas en Flor premia o coidado natural e paisaxístico do concello de Leiro

O certame Vilas en Flor é unha iniciativa da Asociación de Viveiros do Noroeste, a Asociación de Empresas de Xardinería de Galicia e a Fundación Juana de Vega, que ten como obxectivos promover a protección, mellora e posta en valor dos espazos verdes dos concellos de Galicia.

Este ano outorgaron unha Flor de Honra ó concello de Leiro, unha localidade rica en espazos naturais e rutas para camiñar entre a natureza, como o paseo Fluvial O Salgueiral.

AVANTAR ACTIVIDADES

O xurado valora a súa riqueza e beleza paisaxística, por exemplo dende o Miradoiro de Pena Corneira. O concello está interesado en iniciar o camiño cara ao desenvolvemento dos obxectivos de Vilas en Flor.