O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase mañá mércores ó concello de Cenlle, dende as 16:00 horas ata as 18:00 horas, na Praza da Tenencia. Posteriormente, dende as 18:30 horas ata as 21:00 horas, en San Amaro, diante do concello.
Lembramos a importancia de colaborar ca doazón de sangue para manter as reservas dos hospitais.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------









