Política Social e Xuventude asiste á comida anual das directivas de Fademga e Special Olympics Galicia. Estuvo presente unha representación de Aspadisi

O director xeral de Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social e Xuventude, Fernando González Abeijón, asistiu este sábado á comida que de maneira anual organizan as xuntas directivas de Fademga Plena Inclusión e Special Olympics Galicia.González Abeijón destacou o apoio da Xunta ás entidades sociais, por ser estas as que mellor coñecen e atenden as necesidades das persoas con discapacidade e das súas familias. Así, referiuse ás axudas directas que se conceden a través do IRPF, á creación de máis prazas públicas de atención, á axuda extraordinaria para a actualización salarial dos seus profesionais, á nova liña de subvencións para a adquisición de vehículos ou á nova orde de axudas para a construción ou remodelación de centros de titularidade social dotada con 13 millóns de euros e da que se benefician dez entidades da nosa Comunidade.