Boborás estreará piscina municipal este próximo verán

Xa están en marcha as obras de construción da futura piscina municipal no concello de Boborás. Este proxecto púxose en marcha grazas á colaboración da administración local ca Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda por máis de 414.000 euros.  

A parcela na que se situará a piscina é unha explanada, antes utilizada como campo de fútbol, ​​que se atopa na rúa Evaristo Riande.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nesta zona concéntranse varios edificios públicos, como o CEIP Nosa Señora de Xuvencos, o edificio de uso sociocultural Manuel Chamoso Lamas, o pavillón polideportivo e unha pista polideportiva ao aire libre.

O Concello de Boborás pretende que esta concentración de equipamentos públicos nun espazo limitado permita interactuar entre os usuarios.