O PP de Ribadavia critica que o goberno local incumpre o acordo plenario de mellorar os accesos e o entorno da Fontiña Mariña

O PP de Ribadavia critica que o goberno local incumpre o acordo plenario de mellorar os accesos e o entorno da Fontiña Mariña. O grupo fai esta crítica a través da seguinte nota:

“O Partido Popular de Ribadavia denuncia que o goberno de Ribadavia incumpre o acordo plenario do mes de novembro de mellorar os accesos e o entorno da Fontiña Mariña en Francelos. Os populares recordan que no Pleno celebrado o pasado 24 de novembro de 2022 aprobárase unha moción presentada polo Partido Popular de Ribadavia na que se pedía que o concello de Ribadavia destinase o Plan Provincial de Obras da Deputación á realización da obra de mellora dos accesos e o entorno do centro social da Fontiña Mariña en Francelos. Esta moción fora aprobada naquela altura cos votos a favor de Partido Popular e Bng, a abstención de Ribeiro en Común e o voto en contra do partido socialista.

AVANTAR ACTIVIDADES

Hoxe temos que ver como o goberno volve a incumprir un acordo plenario xa que, a través de resolución de alcaldía de data 13 de xaneiro de 2023, o goberno de Ribadavia solicitoulle á Deputación de Ourense que ingresara nas arcas municipais a totalidade do importe da achega provincial ao Plan de Obras (51.000€) para destinar a amortización de operacións de crédito e ao financiamento do gasto corrente do concello.

Esta decisión do goberno municipal de dedicar o importe do pan provincial a gasto corrente, pon de manifesto a mala situación económica que atravesa o Concello de Ribadavia, un concello que vai pechar o ano 2022 con unha importantísima cantidade de facturas sen recoñecer e sen pagar, un concello que paga aos seus provedores con mais de 220 días de retraso, e un concello ao que moitas empresas xa se negan a subministrar material ou prestar servizos polos importantes impagos que se van acumulando.

O absoluto descontrol do gasto que se produciu no ano 2022, e que aínda non está cuantificado totalmente pois aínda non está presentada a liquidación do exercizo, ven de provocar que dende a intervención municipal se emitira unha circular na que se lle lembra aos concelleiros do goberno de Ribadavia a obrigatoriedade de cumprir co procedemento de aprobación de gasto, e advírteselles das consecuencias que se poden derivar de non cumprir con este procedemento. Esta circular da intervención municipal someteuse á toma de coñecemento da Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 30 de xaneiro de 2023″.