O Novo Cine de Leiro proxecta o último filme de Spielberg

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso, repite a última entrega da saga Marvel, “Ant-Man y la Avispa, Quantumanía”. Poderase ver o venres, sábado e domingo, ás 16:00 horas.

Por outra banda, “Los Fabelman”, filme semiautobiográfico da propia infancia e xuventude de Spielberg, ambientada a finais da década de 1950 e principios dos anos 60. Poderase ver o venres e sábado en sesións ás 18:15 horas e ás 20:45 horas; o domingo, ás 18:15 horas e ás 21:00 horas e o luns e xoves próximos ás 20:30 horas.