San Amaro celebrou a primera edición da súa Ruta Cabalar

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

San Amaro converteuse esta fin de semana no epicentro do mundo equino ca primeira Ruta Cabalar, organizada pola Deputación e a Escola de Equitación deste municipio. Participaron no evento preto de 80 xinetes, facendo un percorrido polos lugares máis emblemáticos do municipio, como o Castro de San Cibrán ou o tempo budista.

Foi tamén a Deputación quen colaborou para a posta en marcha da Escola de Equitación, ubicada no antigo campo de fútbol, formando un proxecto ilusionante, en palabras do alcalde.

Así, achegáronse ata San Amaro persoas de toda a provincia, e tamén de Pontevedra. Para rematar a xornada, tamén houbo cea popular para todos os asistentes.

Este evento nace ca intención de continuar e seguir medrando, de fomentar esta actividade pero tamén de aproveitar todos os recursos naturais do municipio.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------