Carlos Rodríguez presenta o seu libro no auditorio do Carballiño

Onte, o Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño, acolleu a presentación do último libro do carballiñés Carlos Rodríguez Calvo, xornalista de profesión e actual presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas. Despois de facer xa varias, onte facíao na súa casa, con especial ilusión.

“El hombre blanco del rio Nieva” fala da emigración e da viaxe de Alfonso Graña á Amazonía. Neste libro, Rodríguez compila todas as historias que fixeron a este viaxeiro tan coñecido, un traballo con anos de esforzo e documentación.

AVANTAR ACTIVIDADES

O encargado de presentar ó escritor foi o historiador carballiñés Xosé Luis Sobrado, o seu predecesor como presidente do Centro de Estudos, e tamén amigo, quen quixo acompañalo neste acto.

Despois da súa casa, Carlos seguirá presentando o seu libro por Galicia, con outras datas xa confirmadas, e na seguinte acompañado por Felipe Senén.