Dobre programación no Novo Cine de Leiro para esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso, repite o filme de aventuras “Las momias y el anillo perdido”. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas e ás 18:15 horas e o luns e xoves próximos ás 18:15 horas.

Por outra banda, a terceira entrega de “Creed”. Adonis Creed está prosperando na súa carreira e na súa vida familiar, cando un amigo da infancia e antigo prodixio do boxeo reaparece despois de pasar unha pena no cárcere, está ansioso por demostrar que merece a súa oportunidade no ring. Poderase ver o venres, sábado, domingo e o luns e xoves próximos ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES