Antonio Montero será o candidato á alcaldía do concello de Avión

Cada vez queda menos e os partidos políticos comezan a dar forma ós seus proxectos de cara ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Tamén o alcalde do concello de Avión, Antonio Montero, pronunciouse ó respecto, anunciando que volverá a ser candidato á alcaldía, buscando a reelección nestes comicios.
Para Montero, aínda quedan proxectos por rematar antes de dar o paso a unha renovación do equipo, como o remate da residencia Alvetus.
Remata unha lexislatura para todos marcada pola pandemia da covid, e que supuxo un esforzo extra para todos, cidadáns e gobernantes.