Dobre programación no Novo Cine de Leiro para esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira. Neste caso, repite o filme de aventuras “Momias, descubre un nuevo mundo”. Poderase ver o sábado e domingo ás 16:00 horas.

Por outra banda, estréase o filme “Maridos”. Paco León e Ernesto Alterio entéranse de que as súas mulleres están en coma tras unha avalancha nunha estación de esquí. Cando se presentan descobren que a súa muller é a mesma persoa. Ambos pelexan por demostrar cal dos dous é o único e verdadeiro marido. Poderase ver o sábado e domingo ás 18:15 horas e ás 20:30 horas e o luns e xoves próximos ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES