Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 17 de marzo
de 2023, aprobáronse as bases de selección para a contratación
de persoal laboral temporal:
- Número e denominación das prazas: 2 traballadores/as
para prestar o servizo de peóns/peoas de servizos múltiples. - Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a
xornada parcial (30 horas semanais). - Duración do contrato: nove meses
- Sistema de selección: concurso-oposición
- Lugar e prazo de presentación de instancias: no Rexistro do
Concello, de 8.00 a 14.30 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días naturais, que
contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no
Boletín Oficial da Provincia de Ourense. - Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase á disposición do público no Concello, na páxina
web (www.boboras.gal), e na sede electrónica:
(https://boboras.sedelectronica.gal).
Boborás, 20 de marzo de 2023. A alcaldesa.
Asdo.: Ana Patricia Torres Madureira.