O Campionato Galego de Montaña sumará unha nova proba ao calendario aprobado
na asamblea da FGA, a Subida a Taboada, atentendo así as peticións dos
participantes nas citas en costa autonómicas.
Dado o interese do Concello de Taboada, acádase que o certame teña alomenos dúas
citas puntuables en cada unha das catro provincias galegas, abrindo o abano de
posibilidades para puntuar e ser campión Galego de cada unha das modalidades.
A Subida a Taboada retorna desta forma ao certame galego, nunha mostra de
confianza cara a nova directiva da Federación Galega de Automobilismo, logo de 17
anos de ausencia.
A data para a celebración da décima edición da Subida a Taboada será consensuada
pola Comisión Delegada en próximas datas, nun fin de semana que axude tanto ó
organizador como aos equipos participantes a ter un calendario o máis equilibrado
posible.