O Carballiño superou o 85% de ocupación hostaleira e hoteleira esta Semana Santa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño ven de pechar unha Semana Santa festiva de récord. Segundo os datos rexistrados pola oficina de turismo e consultando ó sector, a cifra de ocupación sitúase por enriba do 85% na maior parte de establecementos hostaleiros e hoteleiros e chegando en moitos ao 100%. O bo tempo acompañou e a gran programación relixiosa ofrecida pola Cofradía Vera Cruz. Os visitantes que se achegaron ao Carballiño procedían sobre todo de Madrid, en gran medida causado pola chegada do AVE a Ourense.

A oficina de turismo incorporou nestes días visitas guiadas polo casco urban, que tiveron tamén como reclamo a grastronomía do pulpo, ca recente internacionalización da súa festa gastronómica.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO