O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso proxectará a última secuela de Mario Bros, ambientada no tradicional xogo de consola. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas e ás 18:15 horas e o luns e xoves próximos ás 18:15 horas.
Por outra banda, “Matria”. Ramona vive co seu marido, co que case non se comunica, e traballa nunha fábrica de conservas cun supervisor abusivo. Ante os retos da súa rutina diaria, Ramona tenta refuxiarse na relación que une á súa filla e á súa neta. Poderase ver venres, sábado e domingo ás 20:30 horas.