O incendio produciuse a última hora do venres. Un veciño decatouse do incendio que afectaba unha das vivendas deste lugar da parroquia de Cameixa. Ademais do edificio que estaba a arder, as chamas ameazaban á casa contigua. Inmediatamente deu a alerta e desde o 112 mobilizouse a Protección Civil de Boborás, os bombeiros do parque do Carballiño, o GES de Avión, a Garda Civil e ao servizo de urxencias sanitarias do 061.
Na casa queimada residía desde hai anos unha familia composta por unha muller e os seus catro fillos. No momento do incendio non habia nadie na casa salvo os cans da familia polos que non se poido facer nada e morreron no incendio.
A alcaldesa de Boborás Patricia Torres confirmaba que a familia da casa incendiada en primeiro lugar perderono todo e ofreceronlle toda a axuda posible asi como outros moitos veciños
O que si conseguiron os equipos de extinción (ademais dos bombeiros, participaron axentes do distrito forestal da zona) foi que a vivenda contigua salvásese. Aínda que tamén resultou afectada polo lume, os danos neste inmoble son menores. Precisamente o veciño que residía nesa segunda casa, un home de 66 anos, foi detido pola Garda Civil. Na noite do sábado entrou en prisión acusado de provocar o incendio. Segundo contan na zona, entre os residentes en ambas as vivendas non había precisamente unha relación de boa veciñanza e mesmo chegaron a interpoñerse denuncias.