Os dous equipos becados pola fga no galego de rallyes afrontan o rallye Berberecho de Noia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Despois dun excelente debut na primeira cita puntuable para o Campionato Galego de
Rallyes, os dous equipos becados pola Federación Galega de Automobilismo,
compostos por Alexis Vieitez e Cristian Álvarez, e Marcos Maceiras e Sergio Iglesias,
afrontan a segunda parada do seu proxecto deportivo de 2023, o Rallye Berberecho de
Noia.
Alexis Vieitez e Cristian Álvarez, despois dun debut que rematou cun podio na Gara
N5, afrontan a proba cheos de ilusión e á búsqueda dun novo resultado positivo aos
mandos do Nissan Micra N5 do preparador RMC.
Alexis Vieitez: “Chegamos moi contentos e animados a Noia. Penso que fixemos unha
boa proba en A Coruña cunha boa progresión e observamos que estamos en tempos.
O obxectivo é o mesmo que na primeira proba, facer quilómetros e rematar a proba
para acadar máis experiencia con este tipo de vehículos”.
Cristian Álvarez: “Cumprimos o noso obxetivo en A Coruña e imos a Noia con moi
boas sensacións. A idea é o mesmo que apuntou Alexis, temos que acadar máis
experiencia e non perder a cabeza cos tempos”.
Marcos Maceiras: “Queremos repetir o plantexamento de A Coruña, de menos a máis.
Pensabamos que o rallye sería en seco, pero vai chover, entón teremos que ir
aprendendo durante a fin de semana e adaptándonos ao Nissan Micra N5”.
Sergio Iglesias: “Temos que seguir adaptándonos ao coche porque a previsión
meteorolóxica non é boa. Temos que tomar o rally con calma. Os treitos son preciosos
e queremos completalo desfrutando do Nissan Micra N5”.

Programa Horario do Rallye Berberecho de Noia:
Venres, 14 de abril
TC1 – Autos Patiño // 19:20 horas
TC2 – Transportes El Jaime // 20:00 horas
Sábado, 15 de abril
TC3 – Vruma Kayaks // 08:55 horas
TC4 – Caeiro Metal // 09:25 horas
TC5 – Vruma Kayaks // 12:10 horas
TC6 – Caeiro Metal // 12:40 horas
TC7 – Pavimento Noia // 16:30 horas
TC8 – Excavaciones M.Rodríguez // 16:50 horas
TC9 — Pavimento Noia // 19:00 horas
TC10 – Excavaciones M.Rodríguez // 19:20shoras
Entrada parque pechado final do Rally // 19:45 hora

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO