A segunda cita do Campionato Galego de Rallyes, O Rallye Berberecho de Noia, deixou a Víctor Senra e David Vázquez como gañadores nunha cita na que o bo tempo foi a tónica do fin de semana tras unhas xornadas previas de choiva.
Aos mandos do Citroën C3 WRC, Senra e Vázquez, que na primeira xornada remataron cun escaso marxe de 0,3 segundos sobre Alberto Meira e Avelino Martínez (que foron capaces de acadar o mellor crono no tramo urbano de Noia na noitiña do venres), fixeron valer a súa condicións de favoritos para ampliar con contundencia a súa renta durante todo o sábado, o que lles serviu para acadar o seu segundo triunfo do ano en outras tantas probas disputadas (fai 15 días impuxérone no Rallye A Coruña).
O segundo lugar da clasificación, ao igual que sucedeu na cita inaugural en A Coruña, foi para Alberto Meira e Avelino Martínez, cun Skoda Fabia R5 a 1:46.6 do vencedor da carreira disputada na provincia de A Coruña. Aínda así, foron os vencedores do Supercampionato R5 e da Pirelli Driver Autia Top Ten A.
Francisco Dorado e Andrea Lamas, aos mandos do Volkswagen Polo R5, fixéronse co terceiro escalón do podio a 2:36.8 de Senra e Vázquez, co que acadaron uns importantes puntos de cara ao Campionato absoluto e ao Supercampionato R5 Recalvi, ademáis da Pirelli Driver Autia Top Ten A.
Remataron a proba en cuarto posto José Lamela e Néstor Casal, que superaron uns pequenos problemas mecánicos na primeira xornada para firmar un dos postos de honra e ademáis impoñerse na Gara N5 e na Pirelli Driver Autia Top Ten B.
Lamela foi o protagonista dunha fermosa loita entre os N5 galegos, que rematou co do Skoda en primeiro lugar, seguido de Jorge Pérez Oliveira e Miriam Vera co Suzuki (quinto clasifcado) e do becado pola Federación Galega de Automobilismo, Alexis Vieitez con Cristian Álvarez, no Nissan, completando estes dous últimos o podio da Gara N5 e da Pirelli Driver Top Ten B no quinto e sexto lugar.
Na Pirelli Driver Top Ten C, novo triunfo para Manuel Souto e María Porta, no Citroën C2 R2 Max. David Rivas xunto a Diego Vázquez e Rubén López e Damián Outón, foron segundos e terceiros clasificados neste formato promocional.
Unha das copas máis emocionantes do Campionato Galego de Rallyes, a Pirelli AMF MS, tivo unha fin de semana de competición de alta intensidade. O abandono do primeiro vencedor do curso, Álvaro Pérez, abriu o abano de candidatos o triunfo final que se decantou finalmente para Dani Álvarez e Adrián Vázquez no posto máis altodo podio, seguidos de Marcos Rodríguez Sanromán e Unai Conde e Juan Carlos Pampillón e Álex Alonso, respectivamente.
O Volante FGA tamén tivo novo vencedor. Joaquín Pérez con Adrián Muiz, estrearon os seu casilleiro de primeiros lugares este curso aos mandos do Peugeot 106. A continuación, Álvaro Castro Laíño e Isidro Rey (lograron o seu segundo triunfo en dúas probas dentro da Promoción Xoven Piloto) e Brais García e Iván Suárez, nunha fermosa loita con Luis Miguel González e Óscar González. Daniel Anido e Adrián Núñez, primeiros líderes do certame, abandoaron nos compases iniciais da proba.
A próxima cita puntuable para o Campionato Galego de Rallyes será o Rallye Mariña Lucense os días 12, 13 e 14 de maio.
Declaracións principais protagonistas:
Víctor Senra (1º Clasificado): “Foi un Rallye perfecto como o anterior. O venres tomamos as cousas con calma e xa o sábado eran tramos moi preto da casa e da miña xente. Corrín disfrutei e fixen desfrutar os afeccionados. Quero darlle a noraboa ao meu equipo polo traballo, ten moito valor o resultado. Todavía non sei se sairei co C3. O coche está en venta, pero encantaríame poder saír no Mariña con él”.
Alberto Meira (2º Clasificado, 1º Pirelli Top Ten A): “Sabíamos que competir co WRC de Víctor nos treitos do no sábado ía ser imposible e centrámonos en gañar a R5 como así fixemos e moi ledos. No Mariña sairemos a continuar con este ritmo e se Víctor (Senra) non leva o WRC botarémoslle carreiras.
Francisco Dorado (3º Clasificado): “Viñamos de Coruña no que nos costou moito chegar ao ritmo deles. Hoxe sábado estivemos en tempos de Alberto (Meira) e penso que podemos marchar contentos de aquí. Agora mesmo imos facer un parón ata o verán e non estaremos no Mariña Lucense. Tamén quero enviarlle unha forte aperta ás familias dos falecidos no accidente de Tineo, sintoo moito”.
José Lamela (1º Gara N5, 1º Pirelli Top Ten B): “Estamos moi ledos polo resultado porque arranamos os problemas co coche da primeira proba. Collemos ritmo durante a carreira e xa no Mariña Lucense queremos ir a máis. A Gara N5 é unha Copa con moita rivalidade e cantos máis sexamos, mellor”
Manuel Souto (1º Pirelli Top Ten C): “A presión do equipo para estar en Noia valeu a pena. Ao final penseino ben e dixenme que tiñamos que correr as de preto da casa e saiu ben. Desta si que non irei o Mariña Lucense, somos un equipo moi humilde e a ver, queda moi a desmán para nós”.
Dani Álvarez (1º Pirelli AMF): “O Rallye foi un espectáculo. Quería voltar a esta Copa porque sempre tivo un ritmo moi alto. Non foi o rally ideal porque cometín moitos erros. Cheguei ao final sabendo que non podía dar máis e faime sentirme moi satisfeito”.
Joaquín Pérez (1º Volante FGA): “Despois do Rallye de A Coruña tiñamos moitas gañas e neste, en Noia, saiu todo a pedir de boca. Durante o Rally apretamos un pouco e cando obtivemos unha renta adicamonos a controlar aos rivais para levarnos o triunfo.
Álvaro Castro (1ª Promoción Xoven Piloto): “Fixemos un Rallye bastante regular, pero Joaquín foi intratable durante case toda a proba. Tentámolo na Serra de Outes pero non houbo posibilidade. Tentaremos facer todo o campionato e imos estar na saída do Mariña Lucense”.
Clasificación Final Rallye de Noia:
- Víctor Senra – David Vázquez (Citroën C3 WRC)
- Alberto Meira – Avelino Martínez (Skoda Fabia R5)
- Francisco Dorado – Andrea Lamas (Volkswagen Polo R5)
- José Lamela – Néstor Casal (Skoda Fabia N5)
- Jorge Pérez Oliveira – Miriam Vera (Suzuki Swift N5)
Clasificación Xeral de Pilotos do Certame tras a disputa de dúas probas:
- Víctor Senra // 82
- Alberto Meira // 70
- Francisco Dorado // 58
- José Lamela // 43
- Alexis Vieitez // 32