O concello de Maside pon en marcha un ano máis a súa primavera cultural con actividades para todas as idades. Este sábado, ás 21,30 horas no antigo colexio da Alameda, proxectarán o filme “As bestas”, filme rodado en Galicia e con numerosas nominacións e premios xa no seu elenco, coma 9 Premios Goya, incluindo Mellor película, direción, guion e actor; Premios César; Festival de San Sebastián: Premio do Público – Mellor film europeo, entre outros.