O Novo Cine de Leiro ofrece dobre programación para esta fin de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso proxectará a última secuela de Mario Bros, ambientada no tradicional xogo de consola. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas e ás 18:15 horas e o luns e xoves próximos ás 18:15 horas.

Por outra banda, “Imperio de la luz”. Unha historia de amor ambientada arredor dun fermoso cine antigo na costa sur de Inglaterra nos anos 80. Poderase ver venres, sábado e domingo e luns e xoves próximos ás 20:30 horas.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------