O PP de Maside pide a dimisión do alcalde ó coñecerse a sentenza que anula unha licenza de obra que se atopaba en investigación

O Grupo do Partido Popular de Maside ven de coñecer o auto de execución forzosa que
con data 17 de abril de 2023 ditou o Xuzgado do Contencioso-Administrativo Nº2 de
Ourense en virtude da Sentencia ditada o 10 de novembro de 2021, na que se anulaba
a licencia de obra Nº7 do Concello de Maside e se condenaba o derribo de todo o
construido ó amparo da mesma.

Neste Auto de execución forzosa o Xuzgado do Contencioso-Administrativo Nº2 de
Ourense acodou ordear ó Concello de Maside a executar a Sentencia firme de
novembro de 2021 pola que se anula a licencia de obra Nº7 do Concello. Acordou
tamén que se poidan adotar as medidas necesarias para a súa efectividade, así como a
posibilidade de impoñerlle multas coercitivas de 150 a 1500€ ó alcalde. Por último,
acorda tamén a posibilidade de deducir testemuño de particulares e “esixir
responsabilidades penales” a quen lle correspondan.

AVANTAR ACTIVIDADES

O voceiro popular, Nacho Campo, resalta que “o alcalde foi coñecedor en todo
momento de que a súa actuación non se axustaba a dereito xa que era ó mesmo
tempo, redactor do proxecto, director da obra, firmante da licencia de obra anulada e
por descontado alcalde do Concello de Maside.”

Sabedores disto, Nacho Campo, en representación do seu partido di que “sentimos un
gran pesar polo desenlace deste caso no que un veciño vai a sufrir as consecuencias
dunha actuación neglixente tanto no legal coma no moral levada a cabo polo alcalde.”

Como consecuencia do anterior, o Grupo do Partido Popular de Maside presentou na
mañá deste xoves, unha petición de dimisión automática e o recoñecemento dos feitos
por parte do alcalde.