O Clio Trophy Galicia mostrou as súas cores para a tempada

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A praza da Igrexa, en pleno corazón de Lalín, acolleu a presentación oficial do Clio
Trophy Galicia, a competición monomarca autonómica que terá lugar cos ben
coñecidos e competitivos Renault Clio Rally5.
O formato da marca do rombo, que sae adiante gracias ao apoio de Grupo Recalvi, a
Red Renault de Galicia, a Federación Galega de Automobilismo e Michelin,
retorna ao campionato autonómico cun vehículo de gran potencial e prestacións, todo
nun trofeo en igualdade de condicións.
A primeira proba deste Clio Trophy Spain terá lugar esta fin de semana no Rallye do
Cocido, cita puntuable para o CERA Recalvi, namentres que as outras catro citas serán
no Campionato Galego, unha en cada provincia.
O Clio Trophy Spain entregará máis de 5.000 euros en premios por proba, ademáis
doutros 5.000 euros como premio final para apoiar ao equipo vencedor a competir nos
formatos nacionais da firma.
O presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño,
afirmou que “esta é unha aposta moi forte da FGA por lanzar a un equipo galego fora
das nosas fronteiras. Cremos que ir da man de Renault é unha aposta segura porque
ten vehículos en todas as categorías da pirámide formativa e o preciso para chegar ao
máis alto a nivel competitivo. Queremos mostrar o noso agradecemento á Red Renault
de Galicia, Recalvi e a Renault Group polo seu apoio. Dende a Federación
continuaremos a traballar para impulsar que saian novos equipos galegos aos
campionatos nacionais e internacionais. Agardamos que esta sexa a primeira marca
das moitas que se unan aos nosos Campionatos”.
Markel de Zabaleta, representante de Renault Group, destacou “estamos en Galicia
para lanzar ao seguinte piloto galego nacional e por que non, a nivel internacional.
Queremos fomentar o deporte automobilístico en Galicia e desta forma pensamos que
non se entende a Renault sen Galicia e a Galicia sen Renault. Para nós é un pracer
P á x i n a 1 | 2
estar no Campionato Galego e agardamos que o ano que ven teñamos incluso máis de
oito equipos presentes”.
David Romero da Red Renault de Galicia tamén quixo estar presente no acto de
presentación do Clio Trophy Galicia. “Levabamos moitos anos sen un formato así en
Galicia e cando o propuxeron pareceunos unha idea fantástica. Comezar en Lalín é
bonito pola historia da proba e agardamos que pouco a pouco teñamos cada vez máis
inscritos e sexa unha competición bonita e emocionante”.
Chema Rodríguez, do Grupo Recalvi foi o encargado de pechar o acto. “Estamos
encantados de que por fin teñamos un trofeo Renault en Galicia. Temos a un galego
defendendo as cores de Recalvi, Alpine e Renault en España que é Jorge Cagiao, que
saiu dun formato de promoción da firma e desexamos que algún piloto chegue a facer o
que fixo el”.
Nesta primeira carreira do Clio Trophy Galicia están inscritos oito equipos. Diego
Félix / Raquel Rodríguez, José Joaquín Rasilla / Borja Rasilla, os turcos Kerem Kazaz
(o piloto más xoven do Rallye do Cocido, con 17 años)/Ali Emre Yilmar e Gabriel
Rodríguez / Álvaro Cerqueiras, procedentes cada un do Clio Trophy Spain Asfalto.
Ademáis, tamén tomarán a saída neste debut competitivo en Lalín, Álvaro Méndez /
David Enríquez e Esteban Sobrino / Diogo Rodríguez, Francisco Valdés / José Murado
e Carlos González / Diego Rodríguez.