Alvaro Méndez e David Enríquez estrean o palmarés do clio trophy Galicia en Lalín

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Álvaro Méndez e David Enríquez fixéronse co triunfo na primeira proba do Clio Trophy Galicia, que percorreu os tramos do Rally de Lalín baixo un clima inestable que puxo a proba a resistencia dos participantes e os seus vehículos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Oito unidades de Renault Clio Rally5 déronse cita na proba puntuable para o CERA Recalvi e seis foron os que completaron os percorrido, en dous días (venres e sábado) marcados polo mal tempo e as chuvias intermitentes.

Nese clima extremo por momentos, a parella de Lalín formada por Méndez e Enríquez foi a gran beneficiada, nunha carreira non exenta de problemas. Pequenos percances mecánicos na mañá do sábado retrasáronos lixeiramente, nunha fermosa loita con Gabriel Rodríguez Gándara e Álvaro Cerqueiras ao comezo (tiveron que retirarse por unha saída de estrada) e posteriormente con Diego Félix e Raquel Rodríguez.

Ao final, nunha apretada loita nos treitos finais, Mendez e Enríquez fixéronse co triunfo con apenas seis segundos de vantaxe sobre Félix e Rodríguez, que perderon as súas opcións de subir o caixón máis alto do podio tras facer un trompo e perder case medio minuto.

O terceiro posto do podio foi para José Joaquín e Borja Rasilla, que tiveron unha saída de estrada nos treitos da mañá, aínda que puideron continuar na competición para sumar uns valiosos puntos.

Completaron a clasificación xeral desta primeira proba do Clio Trophy Galicia Esteban Sobrino e Diogo Rodríguez, tamén de Lalín ao igual que os vencedores; Carlos González e Diego Rodríguez e Francisco Valdés e José Murado.

Os turcos Kerem Kazaz e Ali Emre Yilmaz non puideron rematar a proba cando rodaban terceiros por un problema mecánico e unha penalización posterior.

Os primeiros líderes do Clio Trophy Galicia na xornada do venres, Gabriel Rodríguez e Álvaro Cerqueiras saíronse da estrada e non puideron continuar o sábado.

A próxima parada do Clio Trophy Galicia será o Rallye Sur do Condado do 7 ao 9 de
xullo.
Clasificación Xeral do Clio Trophy Galicia:
1.- Álvaro Méndez – David Enríquez // 1:16:22,000
2.- Diego Félix – Raquel Rodríguez // +6,200
3.- José Joaquín Rasilla – Borja Rasilla // +3:15,100
4.- Esteban Sobrino – Diogo Rodríguez // +9:51,900
5.- Carlos González – Diego Rodríguez // +10:56,800
6.- Francisco Valdés – José Murado // +28:00,100