A Asociación de Veciños Carballiño, despois de retomar con este inicio de ano as súas actividades logo da pandemia, volveu a festexar. Neste caso con motivo do Día da Nai, reuníronse no restaurante Derby para desfrutar dun xantar, amenizada por un dúo musical, e na que ademais entregaron claveles.
O colectivo cumpre 25 anos dende a súa creación, e aseguran que non decreceu en integrantes, a pesar de que algúns deles xa non están agora, e manteñen a intención de que estas actividades se sigan realizando co paso do tempo.