Aberta a convocatoria da XVII edición do Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Na edición anterior participaron máis de 500 traballos, procedentes de 15 países

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 4 de maio de 2023.- A Deputación de Ourense ten aberto o prazo para participar na XVII edición do seu Certame de Artes Plásticas, que vai dirixido a creadores menores de 35 anos e que reparte un total de 12.000 euros en premios.

Os interesados en participar poden facelo cun máximo de dúas obras, poden empregar calquera técnica e tamén calquera modalidade; tanto pintura como escultura, gravado ou arte dixital. A participación realízase de modo online, a través da plataforma www.mundoarti.com e o prazo permanecerá aberto ate o día 11 de xuño.

O primeiro premio está dotado con 5.000 euros, o segundo con 3.000, o terceiro con 2.000 e hai dous accésits dotados con 1.000 euros cada un. O xurado avaliador estará integrado por cinco profesionais independentes do mundo das artes plásticas. Ademais dos premios en metálico, o xurado realizará unha selección de obras que conformarán una exposición -no vindeiro mes de setembro- co seu correspondente catálogo.

A finalidade deste certame é a de apoiar e potenciar o labor dos novos creadores cun carácter aberto ao internacional. Na última edición participaron máis de 500 traballos, procedentes de 15 países.

Tanto as bases íntegras como a presentación dos traballos pode realizarse na web www.mundoarti.com