Publicado no BOP: Mediante Decreto da Alcaldía, do día 11 de maio de 2023, aprobáronse as bases que regularán a creación dunha bolsa de emprego no Concello de Maside e acordouse realizar a convocatoria para a presentación de solicitudes.
As citadas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na sede electrónica do Concello de Maside
[https://maside.sedectronica.gal] e na web municipal (www.concellodemaside.es), e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP)
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazas: • Auxiliar de axuda no fogar.
Modalidade de contratación: contrato realizado ao amparo da normativa laboral vixente, segundo as necesidades do servizo, coa duración que se especifique nel.
Sistema de selección: concurso-oposición.
Prazo de presentación de solicitudes: dez días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres, de 8.00 horas a 14.30 horas) ou a través da sede electrónica do Concello de Maside:
https://maside.sedelectronica.gal, así como tamén nos rexistros e oficinas establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Os modelos de solicitude e a demais información complementaria pódese consultar nas bases específicas da convocatoria, publicadas na sede electrónica do Concello de Maside
https://maside.sedelectronica.gal e na web municipal (www.concellodemaside.gal) ou persoalmente nas oficinas municipais (de luns a venres en horario de 8.00 horas a 14.30
horas).