Víctor Senra e David Vázquez sumaron o seu terceiro triunfo en outras tantas
disputadas no Rallye Mariña Lucense, puntuable para o Campionato de Galicia de
Rallyes.
Senra e Vázquez, aos mandos do Citroën C3 WRC, non deron opción aos seus rivais
durante toda a fin de semana, ao marcar o mellor cron en oito dos 10 tramos
cronometrados.
No segundo lugar da clasificación, Alberto Meira e Avelino Martínez, que foi o único
equipo capaz de roubarlle algún mellor tempo nos tramos da Mariña e finalmente
resultaron vencedores do Supercampionato R5 e Top Ten Pirelli Driver Autia A. O piloto
de Vincios fixo unha proba con moita velocidade, quedándose finalmente a 1:05
minutos do vencedor da proba.
No terceiro posto do podio, a 2:30 minutos, situáronse Luis Vilariño e Enrique Velasco,
que despois de vencer o Rallye do Bierzo a semana pasada, rodaron a un bo ritmo a
pesar do descoñecemento do terreo e estar todavía en plena adaptación á conducción
do Hyundai I20 R5.
No primeiro posto da Top Ten Pirelli Driver Autia B e da Gara N5 finalizaron José
Lamela e José Ángel Fente, no Skoda Fabia N5. O quinto posto foi para Javier Ramos
e Álex Moure no Peigeot 208 R5.
Na Top Ten C, victoria para Rubén López e Rubén Tourón co Peugeot 208 R2, seguido
de Javier Eiras e Álvaro García e Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo.
Dentro da Pirelli AMF, triunfo para Marcos Rodríguez Sanromán e Unai Conde, que
aventaxaron en 39 segundos a Álvaro Pérez e Mónica Álvarez e en 4:18 minutos a
César Díaz e Manuel Rodríguez.
Álvaro Castro e Isidro Rey foron os vencedores dentro do Volante FGA e a súa vez da
P á x i n a 1 | 3
Promoción Xoven Piloto, seguidos de Diego Mayo e Miguel Guerra e Diego e Miguel
Camuñas.
O Criterium Recalvi Beca 24 estreouse neste Rallye de Noia e fixoo con Adrián
Vázquez e Melisa Lorenzo, por diante de Adrián Torreiro e Pedro Rivas e de Ricardo
Manuel Casal e Miguel Casanova.
Declaracións dos principais protagonistas:
Víctor Senra (1º Clasificado):
“O balance é moi positivo. É un rallye moi difícil, trabucámonos de neumáticos e
cometemos erros, pero conseguimos o obxectivo e que continúe a racha. Decidiremos
a última hora se continuamos co Citroën ou cambiamos”.
Alberto Meira (2º Clasificado e 1º Top Ten A e Supercampionato R5):
“Obxectivo cumprido. Gañamos o Supercampionato Recalvi e a Top Ten. Todo perfecto
a verdade e a organización de dez e a pensar na próxima proba.
Luis Vilariño (3º Clasificado):
“É un debut con podio despois de gañar o Rallye do Bierzo, polo que estamos moi
contentos. O Rally foi moi bo, quero felicitar a organización por facer un traballo tan bo.
Estamos nunha liña ascendente e penso que pronto estaremos en condicións de
pelexar por cotas maiores”.
José Lamela (1º Top Ten B e Gara N5):
“Estamos moi contentos. Despois do abandono de Jorge Pérez xa nos centramos en
rematar e sumar os puntos. Sabemos que é un certame longo e que hai que puntuar en
todas as carreiras e neso estamos”.
Rubén López (1º Top Ten C):
“Foi unha pena o abandono de Souto e Rivas, pero non estaba fácil. Os cambios de
tempo non eran normales. Agora poñémonos de líderes no certame e moi ben. O
venres tivemos uns pequenos problemas de cambio, pero todo ben. O xoves tiven que
cambiar de copiloto a última hora e fixoo moi ben”.
P á x i n a 2 | 3
Marcos Sanromán (1º Pirelli AMF):
“O balance é positivo. Ser primeiro é inmellorable polo que moi ben. Para o campionato
é importante. Este ano temos un descarte máis, polo que quedar arriba en todas as
probas é clave, máis que o ano pasado”.
Álvaro Castro Laíño (1º Volante FGA e PXP):
“Costounos moito chegar ao final deste bonito rally. Para nós é o noso favorito do
campionato, pero bueno chegamos ao final e moi contentos. Hoxe (o sábado) cometín
un erro e provoquei un fallo mecánico. Non sei como aguantou o coche, pero
aguantou”.
Adrián Vázquez (1º Criterium Recalvi):
“Foi moi complicado, o venres comezamos con calma e o sábado queríamos demostrar
que estábamos en tempos e aquí estamos. Nos tres primeiros treitos fixemos o mellor
tempo tres equipos distintos, o que demostra a igualdade do Criterium”.
Clasificación Final Rallye Mariña Lucense:
- Víctor Senra – David Vázquez (Citroën C3 WRC)
- Alberto Meira – Avelino Martínez (Skoda Fabia R5)
- Luis Vilariño – Enrique Velasco (Hyundai I20 R5)
- José Lamela – Néstor Casal (Skoda Fabia N5)
- Javier Ramos – Álex Moure (Peugeot 208 R5)
Clasificación Xeral de Pilotos do Certame tras a disputa de tres probas: - Víctor Senra // 123
- Alberto Meira // 105
- José Lamela // 70
- Francisco Dorado // 58
- Luis Vilariño // 51