Doble abandono para os equipos becados pola FGA no rallye Mariña lucense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A terceira proba do Campionato Galego de Rallyes, o Mariña Lucense, non foi propicia
para os dous equipos becados pola Federación Galega de Automobilismo.
Tanto Alexis Vieitez e Cristian Álvarez como Marcos Maceiras e Sergio Iglesias tiveron
que abandoar a proba cando pelexaban polos postos de cabeza dentro de Gara N5 e
da Top Ten B na cita lucense.
No caso de Maceiras e Iglesias, unha saida de estrada na que danaron a parte traseira
do seu Nissan Micra N5 deixounos fora da competición, logo de superar un pequeno
problema cunha bobina durante a xornada do venres. A parte positiva, que durante o
resto da proba o equipo pontevedrés sentiuse cómodo e colleu ritmo para estar cos
mellores da categoría.
Vieitez e Álvarez, pola súa banda, non tiveron a sorte da súa parte xa que víronse
obrigados a retirarse da proba ao sufrir unha avería mecánica na recta final do oitavo
tramo cronometrado.
Ambos equipos xa están a pensar na próxima parada do Campionato Galego de
Rallyes, o Rallye de Pontevedra, que terá lugar o primeiro fin de semana de xuño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO