Manuel Baltar: “Non hai un alcalde mellor para Leiro que Paco Fernández. E o 28 de maio renovará a alianza cos seus veciños cunha maioría absoluta máis grande que nunca”

Hoxe, no mitin celebrado no Campo da Festa de San Pedro e no que tamén participou José González

Paco Fernández apostou por “potenciar o termalismo arredor do Balneario de Berán e todo o relacionado coa cultura da auga para atraer a visitantes ao noso concello”

AVANTAR ACTIVIDADES
  • O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación destacou no mitin, celebrado esta tarde no Campo da Festa de San Pedro, “os froitos do traballo desenvolvido por Paco Fernández en Leiro, e todo o futuro deste gran proxecto”
  • “Paco Fernández seguirá sendo o alcalde de Leiro, e isto non é ningunha novidade. Porque non hai mellor candidato que Paco nin outro partido coa potencia do Partido Popular para seguir desenvolvendo as potencialidades deste concello, sempre en colaboración coa Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia”
  • Durante o mitin, Manuel Baltar incidiu na experiencia municipal de Paco Fernández e o seu traballo na Cámara Alta: “Dende a súa posición no Senado, foi quen de conquerir para Leiro e toda a provincia de Ourense proxectos en colaboración co resto de administracións públicas”
  • “O 28 de maio, Paco Fernández volverá a demostrar que a veciñanza está con el, porque os veciños de Leiro queren seguir tendo a Paco como alcalde. El é un home conciliador, respectuoso, formado, con experiencia e con máis ilusión que nunca. Por iso o 28 de maio esperamos unha maioría absoluta aínda máis potente que nunca”
  • “O Plan de Mandato 2127”, destacou Manuel Baltar, afonda na importancia estratéxica de Leiro e de toda a comarca do Ribeiro, “con iniciativas encamiñadas á dinamización económica, o termalismo, o blindaxe dos servizos sociais ou a implantación do Plan EnOUturismo”

PACO FERNÁNDEZ: “SEGUIREMOS INVESTINDO NOS SERVIZOS SOCIAIS A TRAVÉS DO CENTRO DE DÍA, PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DOS NOSOS MAIORES”

  • O candidato popular remarcou no mitin desta tarde a importancia de “potenciar o termalismo en torno ao Balneario de Berán e todo o relacionado coa cultura da auga para atraer a visitantes ao noso concello”
  • “Seguiremos investindo nos servizos sociais a través do centro de día, para mellorar a calidade de vida dos nosos maiores e o Plan Concilia para facilitar a atención á infancia dando servizo ás familias traballadoras”
  • “Apostamos pola recuperación de máis terras agrarias, con grandes parcelas para promover a agricultura e a gandería, no polígono agroforestal de Barzamedelle”
  • “Promoveremos e potenciaremos as zonas verdes do concello para o benestar dos nosos veciños e visitantes”, explicou Paco Fernández, que tamén avanzou a “construción de novos parques infantís”
  • Dentro da dinamización do concello, o candidato popular tamén remarcou a aposta pola “conservación e mellorar do trazado e sinalización das rutas de sendeirismo, que serven como reclamo a turistas para o uso e disfrute do noso entorno”
  • Paco Fernández incidiu na importancia da reivindicación da cultura e identidade propia, con medidas como “fomentar a conservación e posta en valor do patrimonio arquitectónico, relixioso e cultural”