O alcalde de Leiro celebra o compromiso da Xunta para completar a restauración da igrexa de San Pedro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, vén de visitar a igrexa de San Pedro co conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. Ambos coincidiron na importancia de conservar, preservar e poñer en valor o noso patrimonio cultural.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Neste senso,  o conselleiro comprometeuse a colaborar co Concello na conservación da igrexa de San Pedro e acondicionar este inmoble para completar as actuacións impulsadas pola Xunta de Galicia no ano 2021 e garantir a súa mellor conservación. Fíxoo durante un percorrido por esta igrexa, na que a Xunta leva investidos preto de 150.000€, e a de Serantes, onde a Consellería restaurou o retablo maior e as súas imaxes cunha achega de case 50.000€.

Esta nova actuación solicitada polo alcalde Francisco José Fernández centrarase fundamentalmente no interior do templo coa mellora dos paramentos e renovación da iluminación e da pintura da sancristía, que se atopa actualmente en mal estado de conservación. Ademais, no exterior da igrexa o proxecto inclúe actuar en dous elementos: no encintado da escalinata de acceso e na xardineira xunto á fachada sur.