O Novo Cine de Leiro proxecta “Cinema Paradiso” polo seu 40 aniversario

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Novo Cine de Leiro está de aniversario. Nada menos que 40 anos dende que abriu as súas portas e nos que se mantivo vivo, ofrecendo os estreos de cada semana para todos os públicos.

As súas portas abríronse en 1983 nunha vivenda unifamiliar e a súa historia está moi ligada á vida do seu propietario, Ernesto Romero. A súa paixón polo cine levouno a endebedarse para facer destes cines os primeiros en instalar o 3D. Na actualidade, este cine xunto co cine Gesma de Xinzo de Limia son os únicos que manteñen a proxección en 3D nas películas da súa carteleira na provincia de Ourense.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para celebrar esta data, proxectarán un clásico de xeito gratuíto. Trátase da tan coñecida “Cinema Paradiso”. Poderase ver este domingo, día 28, en sesión ás 17:00 horas e ás 20:00 horas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------