O Campionato Galego de Montaña arrinca esta fin de semana coa celebración da
primeira cita puntuable, a Subida a Escusa – Poio, que neste 2023 cumpre 23 edicións
de existencia.
Una proba xa clásica no certame galego na que estarán case 60 equipos, cos
principais favoritos á victoria a final de tempada na lista de inscritos. Alexis Vieitez,
Abrahán Vázquez, Manuel Senra, Jorge Pérez Alonso ou Alfonso “Pisko” Ventín serán
algúns dos candidatos a levarse o trofeo de campión nas distintas categorías.
Una proba que comezará este venres coas verificacións administrativas e técnicas
optativas, todo orientado a axilizar a competición do sábado. Precisamente, o sábado 10 de xuño terá lugar a competición ao completo. Seis mangas (2 de adestramento e 4 oficiais) dende as 10:30 horas da mañá no percorrido pontevedrés. A entrega de premios está programada ao término da proba.