O Campionato Galego de autocross afronta a súa terceira proba puntuable coa cita de
Carballo, que saltará á pista este sábado 10 de xuño.
Despois das dúas primeiras paradas do certame, a cita coruñesa afronta esta
competición nun circuito clásico con 49 equipos na lista de inscritos, un lixeiro
incremento que xa está a notar dende o comezo da tempada.
Entre os principais candidatos, todos os protagonistas do certame, con especial
atención á categoría de carcross, na que haberá 20 participantes aos que se unen 4
júnior. Entre os participantes das categorías -1600 e +1600 a igualdade voltará a ser máxima, con nomes como Rubén Uzal, Martín Castro, Jon Ander López ou Antonio López
Lence, entre outros moitos.
A actividade comezará as 8:45 horas coas verificacións técnicas, que se alongarán ata
as 10:00 horas. As mangas de adestramentos libres comezarán as 10:30 horas, con horario de comezo dos adestramentos oficiais a partires das 12:30 horas.
Despois de acondicionar o trazado comezarán, dende as 15:15 horas, as mangas
clasificatorias ata chegar as finais que se iniciarán as 18:30 horas. A entrega de premios está marcada para as 20:30 horas aproximadamente.