Os afeccionados ao mundo do motor volveron a ter esta fin de semana unha cita no concello do Carballiño. Se a primeiros de xuño os protagonistas eran os vehículos participantes no Rally de Clásicos e Antigos de Ourense, que fixeron parada na vila, este pasado sábado foi unha concentración de coches deportivos con algún modelo valorado en 1.500.000 euros.
En total, un cento de vehículos deportivos con algunhas marcas como Ferrari, Lamborghini ou Porsche. Despois da exhibición, fixeron unha ruta pola contorna e logo un xantar popular.