O Campionato galego de autocross voltou ao circuito de Carballo cunha emocionante
xornada de competición na que os vencedores foron Javier Ramilo, Jon Ander López,
Iago Rodríguez e Martín Castro.
Terceira proba puntuable para o certame, con case medio cento de inscritos e
abundante público en todo o treito, especialmente nas finais.
En menos de 1,600 centímetros cúbicos o triunfo foi para Martín Castro, seguido de
Isaac Calvo e Rubén Uzal.
Jon Ander López sumou un novo triunfo na categoría de máis de 1,600 centímetros
cúbicos aos mandos do Citroën Saxo VTS. Completaron o podio da carreira Antonio
López Lence e Jesús Santos.
Na modalidade de carcross júnior, primeiro posto para Iago Rodríguez con Diego
García e Daniel Gayoso.
Por último, Javier Ramilo impúxose na concurrida categoría de carcross, cunha vantaxe
de máis de cinco segundos sobre Sergio Suárez e Antón Muiños.
A seguinte data do calendario autonómico será no mes de xullo con motivo da
celebración do Autocross do Xacobeo