Dende o Concello de Boborás puxeron en marcha unha ferramenta co fin de estudar e buscar novas oportunidades de negocio e emprendemento. Esta iniciativa celebrou xa catro xornadas, e onte estivemos na última delas, que tivo lugar no edificio social cultural “Manuel Chamoso Lamas”. Onte comezaron cun traballo en parellas e ca exposición dos proxectos realizados.
Para as persoas interesadas haberá tamén xornadas de atención individualizadas para tratar cada proxecto, orientando e buscando vías de subvención e axudas para encamiñar cada un deles. Todo o proceso será gratuíto.
Un dos emprendedores de Boborás no eido da apicultura estivo co seu proxecto, que ademais foi premiado a nivel europeo nos últimos días.