O Depor Campus Cabreiroá, en colaboración ca Escola Deportiva Terras de Maside terá lugar entre os días 26 e 30 de xuño, durante toda unha semana. Este campus repite en Maside tralo éxito das edicións pasadas, nas que conseguiron reunir a 49 rapaces. O prazo de inscrición está aberto ata mañá, día 21 ás 12:00 horas.
O coordinador do Depor Campus, Pablo Barros, explicou como se pode facer o proceso de inscrición para as familias interesadas, os descontos e o material que se lles ofrecerá ós rapaces. Toda a información está dispoñible na seguinte páxina web: https://deporcampus.rcdeportivo.es/es/terrasmaside-2023/inicio
Ademais, xa está aberto o prazo de inscrición para a Escola Deportiva Terras de Maside, que actualmente conta con preto de 100 rapaces.