O BNG pídelle ao novo Goberno Local que, ante o remate do curso escolar dentro de tres días, active as actividades do programa Concilia verán nos Centros Cívicos do Concello

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Concelleira Rhut Reza apremia ao Goberno Local a pór en marcha as actividades do Programa Concilia “pois a tres días do remate do curso escolar, as familias aínda non saben se van poder contar co Concello de Ourense para poder conciliar a vida familiar e laboral”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 19 de xuño de 2023. O Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense e máis concretamente a Concelleira Rhut Reza afirma que “a tres días de que remate o curso escolar as familias nada saben do Programa Concilia verán do Concello, un programa de actividades que permite conciliar precisamente a vida familiar e laboral no período vacacional e que tanto axuda ás familias con dificultades para facelo”.

Segundo Reza, “xa son moitas as chamadas recibidas no Concello preguntando precisamente polo programa sen que de momento se saiba nada do mesmo polo que desde o BNG apremiamos ao Goberno Local a que poña o poña en marcha canto antes”.