Esta mañá, no Edificio Multiusos, presentouse o Cupón que a Once emite para todo España adicado a Festa do Pan de Cea e que se sorteará o vindeiro 28 de xuño. En total serán 5 millóns de cupóns para todo España coa imaxe da Festa, co Pan de Cea o co nome do Concello de San Cristovo de Cea.
O alcalde, José Luis Valladares, amosouse orgulloso desta iniciativa que pon ó concello nun posto inmellorable.
O delegado da ONCE en Galicia estivo hoxe presente, destacando esta iniciativa como unha forma máis de apostar por eventos culturais e que teñen algún aporte solidario como a andaina do Pan de Cea.