Este sábado día 24: 2º Edición “O Canto das Fontes”, en Brués

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Sábado 24 de xuño do 2023 a partir das 16:00h da tarde.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

2º EDICIÓN O Canto das Fontes, en Brués! “Polo San Xoán as fontes de Brués ímoslles cantar”
Este sábado 24 de xuño a partires das 16:00h da tarde xuntarémonos nas fontes de Brués, para festexar a vida con moita alegría, música e baile. Realizaremos unha ruta polas diferentes fontes do pobo, onde se fará unha foliada aberta para todas as persoas que queiran participar. A idea e que cada persoa traiga o seu instrumento, voz e corpo para desfrutar desta xuntanza musical.
A ruta contará cun total de 5 fontes.

SAÍDA AS 16:00H DO CAMPO DA FESTA:

1º)PARADA: En Fontela “A FONTE DA LAGOA”.

2º)PARADA: O Souto ” A BARREIRIÑA”

3º)PARADA: Barro ” A CAL DE ARRIBA”

4º) PARADA: Barro ” A CAL DE ABAIXO”

5º) PARADA: Conchouso ” AS MINAS DO CONCHOUSO”

A veciñanza de Brués estará preparada para recibirnos e ofrecernos o mellor da súa fonte.
Para finalizar a festa faremos unha SARDIÑADA (CEA POPULAR na escola de Brués).Para apuntarvos podedes facelo na CARNICERÍA FERRADAS ou NA CASA RURAL de Brués. (Límite ata o día 22 de xuño).

**Hora estimada da CEA 21:30h

**PREZO estimado por persoa 10€
Para máis información séguenos nas redes sociais Instagram e Facebook “O Canto das Fontes”.
Vivan as fontes ! Viva Brués!