O verán no Museo da Limia chega con dous obradoiros: de macramé e de encaixe de bolillos.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A asociación Limiar organiza no Museo da Limia dous obradoiros, un para o mes de
xullo e outro para o mes de Setembro. Neste caso serán Carmen Palilleira e Rosa González quenes realizarán dous talleres onde nos ensinaran diferentes técnicas de tecido.
O sábados un e oito de xullo arranca o primeiro cun obradoiro de macramé. Nel Rosa
González, tamén coñecida como Rosa Artesanía, ensinarános máis sobre esta técnica que
consiste en crear tecidos utilizando nudos decorativos. O resultado do obradoiro será un
bonito colgante para desfrutar ou regalar. O seu custo é de 30 euros con materiais incluídos, as formas inscrición é mediante o número 619 14 73 23 (Rosa).
En setembro, será a quenda para Carmen Palillera, que impartirá un obradoiro todos
os sábados do mes sobre o encaixe de camariñas. Neste caso, haberá dúas quendas unha para os adultos de 16h. ás 18h. e o segundo adicado para os nenos e nenas de 18h. ás 20h. O último día para inscribirse neste obradoiro será o 10 de xullo por mor de encargar o material.
O seu prezo é de 30 euros co material aparte e a súa inscrición é a través do número 617 8440 97 (Carmen).
Achégate ao Museo da Limia e disfruta das súas actividades

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO