A Andaina Festa do Pan de Cea alcanza a súa séptima edición. Celebrarase o vindeiro domingo 25 de xuño, con saída ás 9:00 horas para os participantes no percorrido de 20 kms, e ás 10:00 horas para os do percorrido de 10 kms, desde a Praza Maior de Cea.
Haberá sorteo de agasallos, pincho a chegada, puntos de avituallamento e unha paisaxe espectacular.
Ata hoxe, 130 persoas inscritas xa recolleron o seu dorsal pero aínda se aceptan inscricións ata mañá.
A causa solidaria deste ano será a Asociación da Catarata Conxénita. Na presentación do cupón da ONCE que leva a imaxe da Festa do Pan de Cea púxose en valor esta iniciativa.
