A terceira proba do Campionato Galego de Rallymix chega a Piñor esta fin de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Campionato Galego de Rallymix retorna a actividade esta fin de semana (24 e 25 de xuño) coa celebración da séptima edición do Rallymix de Piñor, en Ourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A que é unha das probas máis veteranas do calendario autonómico da modalidade voltará cunha lista de inscritos de 58 equipos, na que están os principais candidatos ao triunfo final nas dúas modalidades.

Na Categoría A vivirase unha nova loita entre o líder provisional, Sergio Fernández, Javier Ramilo, Alfonso “Pisko” Ventín e o asturiano Abel Jurado, nunha competición sempre imprevisible pola alta competitividade de todos os inscritos.

Na Categoría B, reservada aos carrozados, Manuel Osorio xunto con Alberto dos Reis, José Fernández e Freddy Carballo e a familia Iglesias, parten como claros favoritos a clasificación xeral, sen perder a vista nos equipos da Copa K6 Pirelli ou os das distintas agrupacións.

En canto aos horarios, a proba comezará xusto despois das verificacións técnicas. Concretamente, a primeira das tres mangas da primeira xornada está marcada para as 12:00 horas da mañá. A continuación terán lugar as outras dúas.

Para o domingo, as dúas mangas restantes, a partir das 10:00 horas da mañá. A entrega de premios está marcada para as 16:30 horas no Campo da Festa O Arenteiro, en Piñor.