O Carballiño dedica a 61 edición da Festa da Pulpo ao Camiño Miñoto para potenciar a súa internacionalidade dentro da Ruta Xacobea

-O alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, asistiron hoxe a unha reunión de traballo cos rexedores de Cortegada, Avelino Luis de Francisco; o de Vedra, Carlos Martínez, e o de Arnoia, Rodrigo Aparicio

O Carballiño, 23 de xuño de 2023

AVANTAR ACTIVIDADES

A Festa do Pulpo, que se estreou como Festa de Interese Turístico Internacional na pasada edición, se dedicará este ano, na número 61, ao Camiño Miñoto. O que se pretende con esta decisión é potenciar a súa internacionalidade dentro da Ruta Xacobea.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, mantiveron esta mañá unha reunión co rexedor de Cortegada, Avelino Luis de Francisco, e os seus homónimos de Vedra, Carlos Martínez, e de Arnoia, Rodrigo Aparicio, que forman parte da Asociación Camiño Miñoto.

A entidade, da que tamén forma parte o concello do Carballiño, creouse no ano 2014 para recuperar, divulgar e lograr a oficialidade do Camiño Miñoto Ribeiro a Santiago de Compostela.

O Camiño Miñoto é un dos máis antigos que enlazaban o norte de Portugal con Compostela. Na maior parte do seu trazado segue percorrendo os mesmos sendeiros, calzadas romanas e camiños medievais. Este Camiño é por natureza, eixe vertebrador dun territorio que engloba, entre outros caracteres, tres elementos diferenciais que se confiren un carácter propio: natureza, termalismo e viño.

A Festa do Pulpo do Carballiño celebrarase, como é tradición, a segunda fin de semana de agosto cunha completa programación que se irá dando a coñecer nas próximas semanas e a previsión de recibir a milleiros de visitantes.