Leiro celebrou hoxe o día grande das festas patronais do San Pedro

Os veciños do concello de Leiro celebraron hoxe o día grande da súa festa relixiosa na honra de San Pedro. Pola mañá tiveron lugar os tradicionais oficios relixiosos, con procesión e misa coa banda de música. Despois reuníronse para a sesión vermú con concerto.

Ás 20:30 horas volverá actuar a banda de música Va K Pinta. Ás 23:00 horas comezará o festival co grupo Los Coleguitas e a discoteca móbil Dolce Vita.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------